martes, 16 de novembro de 2021

RETO 2 O MAGOSTO E XOGOS TRADICONAIS

 Desta vez temos dúas temáticas ben fermosas como son O Magosto e os Xogos tradicionais do mundo.

A primeira proba será a de conseguir o colar de Zonchos que Maricastaña perdeu, non sabemos como...



Para conseguir os zonchos teremso que pasar unha serie de xogos tradicionais, nada máis nin nada menos que na festa do Magosto. Aquí tedes unha mostra de tan fermosos xogos...

mércores, 3 de novembro de 2021

RETO 1 SAMAÍN

 O primeiro reto ten que ver co Samaín unha data moi especial. 

O SAMAÍN é unha celebración de orixe celta e antigamente dicíase que o Samaín era un día onde convivían os vivos e os mortos. Segundo esta lenda, na véspera do 1 de novembro a spersoas podían coñecer os espíritos dos seus amigos ou familiares e volver compartir na terra. E para que chegaran os defuntos as súas casas, deixábase acesa unha cabaza (antes nabos).

Pero, e como se celebra en outros lados do mundo? pois para respostar a esta pregunta vai a primeira proba. Cada nivel realizará un PHOTOCALL , que se decorará tendo en conta como se celebra o día dos defuntos nos diferentes continentes, e polo tanto nas diferentes culturas.

E como sempre teremos en conta o máis próximo, así que do mesmo xeito presentamos a noso alumnado unha actividade na que terán que preguntar aos seus maiores sobre lendas, contos, historias sobre os defuntos, ou personaxes que teñan que ver con estas datas como por exemplo a Santa Compaña, Lobishome, Home do Saco...

Aquí unha presentación de cada unha das actividades:



Proxecto Documental Integrado

 Este ano estamos a traballar un Proxecto Documental Integrado, "Do Fogar ao Mundo".

É un eixo vertebrador de multitude de actividades que se van a levar a cabo, partindo da temática das culturas e continentes do mundo.

Así a cada nivel ou niveis tocáronlles un continente determinado:

-Educación Infantil: África

-1º e 2º de Educación Primaria: Europa

-3º e 4º de Educación Primaria: Ásia

-5º de educación Primaria: América

-6º de Educación Primaria: Oceanía

Así partindo de diferentes actividades se traballarán culturas, arte, comidas, músicas, cidades...

E esta foi a presentación do PDI:


O obxectivo fundamental é coñecer outras culturas, outras realidades, unha visión de ver o mundo, mais ao mesmo tempo apreciar a nosa contorna máis próxima, que realmente é especial e rica.

ASÍ QUE COMEZA A VIAXE!

Pero en toda viaxe, teremos que ter un pasaporte, pois como non podía ser doutra forma cada aula terá o seu pasaporte, un como este:




Como vedes teñen unha serie de retos que cubrir, que teremos que ir cuñando, pero sempre se pasamos os retos. 

Pois si uns retos, que serán mensuais, e que terán unha serie de actividades que levar a cabo por parte de todo o cole para poder pasalo e cuñalo, e se cuñamos todo o pasaporte conseguiremos algo?...Pois iso será unha sorpresa...

ASÍ QUE SEN MÁIS,

DO FOGAR AO MUNDO,

DO MUNDO AO FOGAR!





martes, 2 de novembro de 2021

MATERIAL MOCHILAS VIAXEIRAS

 En canto aos contidos que este ano escollimos nas mochilas viaxeiras, temos por unha banda un apartado entorno ao Proxecto Documental Integrado "Do Fogar ao Mundo" , con atlas,  traballando diferentes cidades, animais de diferentes continentes...

Por outra banda contos, traballando diferentes temáticas, como por exemplo poesía, ou o Camiño de Santiago en Educación Infantil, ou mesmo inclusión e diversidade en Educación Primaria.

Tamén non podían faltar xogos para traballar atención, memoria, ou mesmo expresión.

E por último o noso caderno viaxeiro no que apuntar o que máis non gustou, o que menos, que cousas poderíamos cambiar, fotos...todo o que queramos contar sobre a nosa experiencia coa mochila.


Facendo clic na foto poderedes ollar os materiais que foron nas mochilas de cada aula.




luns, 1 de novembro de 2021

COMEZAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS

 Con motivo do "Día das Bibliotecas Escolares", comezamos unha nova andaina coas mochilas viaxeiras. 

E aquí unha pequena mostra das mochilas e as nenas e nenos que gozarán con elas.

ADIANTE!!!




domingo, 24 de outubro de 2021

DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

 Neste apartado do blog da nosa biblioteca, pretendemos dar cabida a contos inclusivos, contos CONTOS CON MOITO ENCANTO!

Pouco a pouco iremos adaptando contos fermosos, pero mentres andamos a argallar e adaptar, deixo por aquí algúns enlaces interesantes nos que podemos ver mostra destas marabillas.


PICTOCUENTOS



APRENDICES VISUALES


EDUCAENVIVO








MOCHILAS VIAXEIRAS

 Con motivo do día das bibliotecas escolares o 24 de outubro, quixemos comezar esta nova andaina comezando coas mochilas viaxeiras para toda a etapa de Educación Infantil, e tamén para os niveis de 1º e 2º de Educación Primaria.


Que mellor comezo que compartir coa nosa clase unha mochila da que poder desfrutar coa familia e co resto da comunidade.


"O PLACER DE LER E DOBRE CANDO SE VIVE CON OUTRA PERSOA COA QUE COMPARTILO"


Principalmente o contido das bibliotecas ten en conta o PDI (Proxecto Documental Integrado) no que estamos inmersos, "DO FOGAR AO MUNDO".

Por outra banda  nos decidimos por contar con bibliografía na que se traballara a diversidade, así como a inclusión, sempre dende a visión do mundo das fermosas verbas e ilustracións que compoñen as historias.


Tamén incorporamos xogos nos que traballar a expresión, vocabulario, atención. E por suposto música, xa que é un apartado importantísimo para nós, que maior vocabulario, expresión e ritmo que escoitar unha boa música, e se é de grupos galegos mellor que mellor...

Desfrutade da mochila viaxeira, a nosa pretensión é que sexa un momento de xuntanza en familia, descubiri novas aventuras, de aprendizaxe, compartir e crear.