domingo, 24 de outubro de 2021

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Con motivo do día das bibliotecas escolares o 24 de outubro, quixemos comezar esta nova andaina comezando coas mochilas viaxeiras para toda a etapa de Educación Infantil, e tamén para os niveis de 1º e 2º de Educación Primaria.


Que mellor comezo que compartir coa nosa clase unha mochila da que poder desfrutar coa familia e co resto da comunidade.


"O PLACER DE LER E DOBRE CANDO SE VIVE CON OUTRA PERSOA COA QUE COMPARTILO"


Principalmente o contido das bibliotecas ten en conta o PDI (Proxecto Documental Integrado) no que estamos inmersos, "DO FOGAR AO MUNDO".

Por outra banda  nos decidimos por contar con bibliografía na que se traballara a diversidade, así como a inclusión, sempre dende a visión do mundo das fermosas verbas e ilustracións que compoñen as historias.


Tamén incorporamos xogos nos que traballar a expresión, vocabulario, atención. E por suposto música, xa que é un apartado importantísimo para nós, que maior vocabulario, expresión e ritmo que escoitar unha boa música, e se é de grupos galegos mellor que mellor...

Desfrutade da mochila viaxeira, a nosa pretensión é que sexa un momento de xuntanza en familia, descubiri novas aventuras, de aprendizaxe, compartir e crear.





Ningún comentario:

Publicar un comentario